Arabia Saudita presenta probas contra Irán tras o ataque ás súas refinerías


  • Trátase dos restos dos 18 drons e 7 mísiles de cruceiro de orixe iraniana.

Un dos asesores do presidente de Irán comentou en twitter que as probas de Arabia Saudita non demostran nada. Irán advertiu que tomará represalias se é atacada. Mentres, EEUU que está de visita en Arabia Saudita xa moveu ficha. Os seus servizos de intelixencia aseguran descubrir desde que instalacións militares de Irán se perpetraron os ataques. O presidente Donald Trump anunciou na súa conta de twitter que haberá un novo incremento substancial das sancións contra Irán.