Aragonès afirma que o referendo é «irrenunciable»

Na mensaxe institucional do presidente catalán con motivo da Diada do 11 de setembro que pronunciou desde o recinto modernista de Sant Pau en Barcelona, Aragonès subliñou a importancia da mesa de negociación. «Cataluña está ás portas de facer unha cousa que non conseguiu nunca antes: abrir unha negociación co Estado, de goberno a goberno, para acordar como resolver o conflito», afirmou. Ademais comprometeuse a levar a esa mesa un referendo de independencia que ve «irrenunciable».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha