Aragonès asegura que en 2024 Cataluña debe poder ‘decidir libremente o seu futuro’ 

O president da Generalitat, Pere Aragonès, asegurou no seu discurso de Nadal que o «2024 debe ser o ano no que» se aborde «a segunda fase do proceso de negociación co Estado, onde Cataluña poida decidir libremente o seu futuro» e logre un sistema de «financiamento singular». Estas palabras van na mesma liña que as que pronunciou hai cinco días tras a súa reunión en Barcelona co presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, e nas que asegurou que o “conflito de soberanía” co Estado Español “ha de resolverse con máis democracia, urnas e votos”. «É hora de avanzar: farémolo posible”, dixo naquela ocasión. O presidente catalán tamén tivo palabras para as vítimas de Gaza e Ucraína e condenou os ataques sobre civís na Franxa, pero sen mencionar a Israel.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha