Aragonès pide unidade para pactar co Estado ‘un referendo definitivo’


O presidente catalán, Pere Aragonès, fixo un chamamento ás forzas independentistas a unirse e alcanzar “un gran consenso” co obxectivo de propoñer ao Estado un ‘Acordo de Claridade’ que represente a unha “amplísima maioría” de cataláns e sirva como “vía para un referendo definitivo” en Cataluña como o que houbo en Quebec. Advertiu a Junts e a CUP, que apostan pola vía unilateral e que foron moi críticos con ERC, de que “só a lexitimidade dun referendo acordado pode substituír ao 1 de Outubro” e é a única vía para que haxa “consecuencias políticas” reais, concluíu.