Así se establece nun convenio asinado este venres na Deputación da Coruña entre o presidente, Valentín González e o alcalde de Aranga, Alberto Platas. O ente provincial financiará a adquisición dun camión 4×4 que se destinará a conservación e mantemento de estradas e espazos públicos.
O camión estará dotado dunha folla quitaneve e un esparexedor de salmoeira para solucionar os problemas de acceso que no inverno sofren moitas aldeas a causa da neve; un equipo motobomba para realizar tarefas de limpeza de beirarrúas e marquesiñas, así coma labores de mantemento en vías municipais.
As características do camión complétanse con unha grúa elevadora para traballos de poda de árbores e reparación nas luminarias públicas; un polvo con rotor de xiro para recollida de plásticos agrícolas nas explotacións gandeiras e un gravilladoiro para a realización de traballos de conservación das vías municipais dos catro concellos da comunidade Intermunicipal Lambre-Mandeo.