Arco Iris convoca unha quedada para “salvar” Baldaio


A Asociación Ecoloxista ARCO IRIS, ante a grave deterioración de Baldaio, organiza unha xornada de limpeza de lixos o sábado 25 de xaneiro ás 12 do mediodía na contorna natural da lagoa, afectado polos temporais e, sobre todo, segundo afirman, “pola ineptitude de Costas e a Xunta”.

“Facemos un chamamento a todos que poidades asistir a esta xornada reivindicativa, para que nos acompañedes e entre todos denunciemos unha situación insustentable para a continuidade deste magnífico espazo natural”, comunican desde a Asociación.