Arde a cociña da área de servizo da Ameixenda en Ordes

dpm.

O lume declarouse contra as sete e cuarto da mañá deste martes na cociña da cafetería situada en dirección á Coruña, onde preparaban os alimentos quentes para as dúas cafeterías desta área de servizo. A situada en dirección sur permanece aberta, pero a afectada polo incendio está pechada á espera de que se reparen os estragos. Os bombeiros de Ordes acudiron a apagar o lume. Ningún dos clientes quedou afectado, pero as ambulancias desprazadas ao lugar atenderon ao camareiro e a cociñeira, sendo esta trasladada a un hospital de Santiago por inhalación de fume e unha crise de ansiedade.