Arde a cociña dun local de hostalaría en Arteixo

1 minutes read

Na noite deste sábado ao domingo produciuse un incendio na cociña dun local de hostalaría situado na avenida de Finisterre no concello coruñés de Arteixo producido ao prenderse o aceite das freidoras.

Foi un particular o que alertou mediante unha chamada ao 112 Galicia minutos despois das 22,00 horas. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) informou os Bombeiros de Arteixo, aos axentes da Policía Local e a Protección Civil da localidade.

Unha vez extinguido o lume, os bombeiros confirmaron que o incendio se produciu ao prender o aceite das freidoras. Ademais, indicaron que unha persoa resultou afectada polo fume.