Arde a cociña dunha vivenda en Arou, Camariñas

1 minutes read

O incidente tivo lugar na tarde deste martes, o 112 Emerxencias Galicia puxo en alerta aos Bombeiros de Cee, á Policía Local, Garda Civil, así como á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Camariñas. A urxencia era atender o lume declarado nunha vivenda de Arou e o posible risco para as persoas. Dentro do malo, cuantiosos danos na vivenda polo lume e o fume, non houbo que lamentar danos persoais. Os Bombeiros informan desde o seu bo facer que «pechar a porta nun incendio, significa evitar a súa propagación a outras estancias da vivenda, onde só o fume causa importantes danos ademáis de ser o risco principal para a vida».