Arde a cociña dunha vivenda ubicada na Avenida Fernando Blanco de Cee

Os bombeiros do parque provincial de Cee acudiron na tarde deste luns ata unha vivenda na Avenida Fernando Blanco, no núcleo urbano de Cee, por un incendio na súa cociña. Xa no lugar dos feitos os profesionais procederon á extinción do lume cun extintor. Na vivenda atopábanse tres persoas que foron trasladadas en ambulancia ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee por posible inhalación de gases.

Related posts

Novo mural de Joseba Muruzábal, coñecido artisticamente como Yoseba MP, na fachada dun edificio da Laracha

Malpica, concello pioneiro na implantación do sistema ‘Praia Pallet’ para a recollida de lixo mariño

O Concello da Laracha mellorará a eficiencia enerxética do Centro Sociocultural da Insua de Caión