Arde a planta baixa dunha casa prefabricada en Cabana de Bergantiños

1 minutes read

Segundo informaron os Bombeiros de Carballo, tras extinguir o lume, todo parece indicar que un fogón de leña, que prendeu nun sofá, foi o motivo da propagación das lapas. Ardeu a planta baixa da casa e a planta de arriba resultou afectada polo fume.

Un veciño do dono da vivenda situada no lugar de Vilaseco, en Borneiro, foi quen chamou ao 112 Galicia para informar do lume.

Decontado, desde o 112 informouse aos Bombeiros de Carballo e ao GES de Ponteceso, que se desprazaron ao punto. Tamén foron informados os axentes da Garda Civil.

Unha vez rematadas as tarefas de extinción, os Bombeiros procederon a ventilar o inmoble.