O vehículo atopábase no interior dunha nave industrial da Avenida Acea da Ma, que se utilizaba como garaxe. Os feitos producíronse pouco despois das tres desta tarde deste mércores, tal e como indicou unha das persoas directamente afectadas. No seu relato confirmou que ninguén resultara ferido, pero eran necesarios medios urxentes para a extinción. Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros de Arteixo, dos axentes da Policía Local e dos membros do equipo local de Protección Civil. Igualmente, recibiron información os axentes da Garda Civil e as autoridades municipais. Un par de horas despois, os efectivos de extinción finalizaron a súa intervención, e enumeraron os danos provocados polo lume. Deste xeito, ademais do propio vehículo, botáronse a perder os instrumentos que se gardaban no interior, como platos, amplificadores e violíns. Da mesma maneira, os bombeiros explicaron que o garaxe atopábase entre edificios sen que se producisen máis danos.
23