Arde o motor dun avión ao aterrar no aeroporto de Vigo

1 minutes read

Un bo susto foi o que levaron os pasaxeiros do voo que aterrou este sábado no aeroporto de Vigo pouco antes das oito da mañá. Aínda era noite cando, tras case dúas horas de voo dende Barcelona, comprobaron que un dos motores da aeronave estaba ardendo.

Moitos conseguiron grabalo co seu móbil dende a ventá e non sabían o que estaba pasando. O avión, unha vez que tomou terra, quedou parado na pista e cos motores apagados mentres os bombeiros actuaban para sufocar as lapas. 

A situación provocou atrasos de ata cinco horas para os viaxeiros que tiñan que voar nese avión ás oito e corenta. A compañía enviou outra aeronave a Vigo á espera de coñecer as causas do acontecido. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?