- Descoñécense as causas que puideron orixinar o lume
Un incedio nun vehículo en Bértoa puxo en alerta ós Bombeiros de Carballo durante este martes.
Sobre as 13:44 o CIAE 112 recibiu unha chamada dun particular que alertaba dun incendio nun turismo que ía circulando pola AC-552 en Bértoa (Carballo), concretamente ao carón da Parrillada Palenque.
Segundo informan os Bombeiros de dito concello, cando chegaron ao lugar do suceso o lume xa fora sofocado con extintores de pó. Así, procederon á refrixerar toda a parte do motor, que foi a que se viu afectada polo incendio.
Os ocupantes do vehículo saíron ilesos e o incendio non provocou máis danos que os propios no compartimento do motor.
Descoñécense as causas polas que comezou a arder o motor do coche.