Arde o motor dun vehículo en Bértoa, Carballo

1 minutes read
  • Descoñécense as causas que puideron orixinar o lume

Un incedio nun vehículo en Bértoa puxo en alerta ós Bombeiros de Carballo durante este martes.

Sobre as 13:44 o CIAE 112 recibiu unha chamada dun particular que alertaba dun incendio nun turismo que ía circulando pola AC-552 en Bértoa (Carballo), concretamente ao carón da Parrillada Palenque.

Segundo informan os Bombeiros de dito concello, cando chegaron ao lugar do suceso o lume xa fora sofocado con extintores de pó. Así, procederon á refrixerar toda a parte do motor, que foi a que se viu afectada polo incendio.

Os ocupantes do vehículo saíron ilesos e o incendio non provocou máis danos que os propios no compartimento do motor.

Descoñécense as causas polas que comezou a arder o motor do coche.