35
- Os feitos aconteceron no lugar de Enfestas, na parroquia de Celas, ao fío das 7:55 horas
Un incendio declarado na mañá deste xoves na instalación eléctrica dunha granxa de porcos en Culleredo provocou diversos danos materiais no seu interior. Ademais, uns douscentos corenta leitóns perderon a vida.
Os feitos sucederon no lugar de Enfestas, na parroquia de Celas, ao fío das 7:55 horas e segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ardeu a metade dunha das dúas naves da explotación sen que se producisen danos persoais.
As labores de extinción do incendio remataron ao redor das 9:30 horas e no operativo participaron os Bombeiros de Arteixo, axentes da Garda Civil, da Policía Local, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.