Un tractor resultou completamente calcinado a primeiras horas da tarde deste mércores cando circulaba pola estrada que une Vilarmide con Bardullas. A intervención dos Bombeiros da Costa da Morte, Protección Civil e Policía Local de Muxía, efectivos do Distrito Forestal V e do Seprona da Garda Civil, non puido impedir que as chamas devorasen a máquina e ademais afectasen tamén a un anaco de monte colindante á vía.
Estado no que quedou a máquina_Bombeiros Costa da Morte.