Arde por completo unha casa abandonada en Carral

Imaxe dun parque de bombeiros

A casa, de dous andares, ardeu na súa totalidade. Aínda que se tratou dunha edificación deshabitada, no seu interior, no momento de iniciarse o lume había dúas persoas. Sen embargo, por fortuna, ninguén resultou ferido.

O 112 Galicia tivo constancia deste lume cando un particular chamou ao centro de emerxencias para informar dun incendio nunha casa situada na N-550, ao redor do quilómetro 16, concretamente en Tabeaio. Aseguraba que a vivenda estaba deshabitada aínda que, nese momento, había dúas persoas no xardín pero que estaban en perfecto estado.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron en aviso aos Bombeiros de Ordes e de Arteixo, que decontado se desprazaron ao punto. Tamén foron informados a Garda Civil, a Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Unha vez no lugar e grazas á rápida intervención dos medios de extinción, no prazo dunha hora, os Bombeiros de Arteixo daban por extinguido o lume. Aínda así, os profesionais indicaron que o inmoble, de dúas plantas, ardeu por completo e que, posiblemente, afumaría durante toda a xornada debido a que a combustión era moi lenta, xa que todo o interior da casa era de madeira.

Non obstante, a zona quedou perfectamente balizada, para evitar calquera situación de risco por si se reproducira algún rescaldo nalgún momento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha