Arde por completo unha casa deshabitada en Almeiras, no concello de Culleredo

Os bombeiros do parque provincial do Arteixo foron mobilizados ás 04:40 horas da madrugada deste xoves para extinguir un lume nunha casa deshabitada en Almeiras, no concello de Culleredo, concretamente fronte ao tanatorio.

A estrada AC-213 estivo cortada ao tráfico durante aproximadamente dúas horas e media.

Foi necesario o labor do parque provincial de Betanzos, e tamén completaron o operativo Policía Local de Culleredo e Garda Civil.

Related posts

Podemos Arteixo denuncia a falta de resposta do Goberno local tras máis dun ano solicitando as actas dos plenos

Controlan un incendio na comisaría da Policía Nacional de Santiago

A Deputación da Coruña reforza a rede pública de atención social nos concellos máis pequenos da provincia