Arde un camión de cervexas na autovía Bertamiráns-Milladoiro

O incendio dun camión que circulaba pola autovía Bermatiráns-O Milladoiro mantivo cortado o tráfico durante unhas horas na saída de Pardiñas a última hora da tarde deste martes. O accidente só causou danos materiais no vehículo. Segundo informou a Policía Local, o condutor, que ía cara ao Milladoiro, decatouse de que saía fume do motor e optou por coller unha saída da autovía. Os bombeiros apagaron o lume e un guindastre reitirou o camión, que quedou coa cabina e a carga completamente calcinada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha