Arde un camión de gran tonelaxe na parroquia de Fontecada, en Santa Comba

0 minutes read

Un camión grua de gran tonelaxe sufriu un incendio na tarde deste martes cando circulaba pola estrada AC-546 que une Negreira con A Pereira, á altura do Km 11,5, preto da parroquia de Fontecada. Segundo o 112 o condutor e único ocupante do camión resultou ileso. Os bombeiros do Parque Comarcal do Xallas e efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba participaron no operativo de extinción do lume, mentres axentes da Garda Civil de Tráfico regulaban o tráfico. Foi necesario usar outros dous camións con grua para retirar nunha góndola ao camión accidentado.