Arde un camión na rúa Laracha en Carballo

Estado do camión tras a actuación dos Bombeiros de Carballo.

O 112 Emerxencias Galicia, alertados pola veciñanza, coordinou aos servizos de emerxencia para atender un incendio nun camión estacionado fronte ao número cinco da carballesa rúa Laracha. Os feitos producíronse pasqadas as 23:30 horas deste martes. Ao lugar acudiu en primeira instancia unha patrulla da Policía Local, os axentes descargaron os extintores que levaban no vehículo, pero non foi suficiente para apagar as chamas, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Carballo para sufocar completamente o incendio. En todo caso, o lume xa causara importantes danos no vehículo, sobre todo na parte da cabina e do motor. As forzas da orde investigan en que condicións se produciu o lume co camión parado ou se puido ser provocado.