Arde un camión que transportaba palla nas Nogais

Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais, pero vaia fumareda se levantou na autovía A-6 á altura das Nogais, onde un camión que transportaba palla prendeu lume este sábado.

No suceso interviñeron os bombeiros de Sarria, voluntarios do GES de Becerreá, axentes da Garda Civil de Tráfico e medios dos concellos das Nogais, Pedrafita e persoal de servizo de mantemento da autovía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha