42
Un incendio destruíu un chiringuito da praia de Aguiño, no concello de Ribeira. Segundo informa o 112, ninguén resultou ferido como consecuencia do lume pero as instalacións do bar quedaron calcinadas.
Foi un particular quen alertou do incendio ás cinco e media da madrugada deste domingo. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Ribeira e Boiro, efectivos da Policía Local e nacional e membros do grupo local de emerxencias.
Tras case tres horas de traballo, os equipos de extinción lograron apagar o lume, aínda que con graves consecuencias para a estrutura, pois quedou completamente danada.