Segundo informou o 112 Galicia, o incidente tivo lugar a primeira hora da mañá deste martes, momento no que varios particulares informaron de que se vía saír fume polo portelo dun vehículo que circulaba pola ponte en dirección a Vigo.
Indicaban ademais que os ocupantes do automóbil se atopaban fóra do turismo e que, posiblemente, non necesitaban asistencia sanitaria. Ainda que parece ser que estes abandonaron o lugar, sendo posteriormente detidos.
Os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Morrazo e de Vigo.
Unha vez no lugar dos feitos, os membros do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que o turismo quedou totalmente calcinado.
Para restablecer as condicións de seguridade na vía interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía local, ademais do persoal de mantemento da estrada.