21
- Sucedeu preto das once da noite na rúa Federico García
Un vehículo ardeu por completo na noite deste venres tras declararse un incendio no garaxe dunha residencia de maiores situada na rúa coruñesa Federico García. O 112 Galicia foi coñecedor do suceso ás 23:00 horas grazas a un particular. Afortunadamente ninguén resultou ferido.
Desde o CIAE-112 informouse aos Bombeiros da cidade, á Policía Local, Protección Civil e, por prevención, tamén aos servizos sanitarios.