38
Os bombeiros municipais traballaron durante a madrugada nas tarefas de extinción e ventilación nas instalacións dun aparcamento da Ronda de Outeiro. Ademais do vehículo que ardeu, outros dous víronse afectados polo lume.
Un particular alertou ao 112 Galicia minutos despois das 23 horas de que saía fume do nivel -2 das instalacións. Aínda que por fortuna ninguén resultou afectado, a complicada situación obrigou aos equipos de extinción a traballar durante varias horas para apagar as lapas.
Ademais dos Bombeiros da Coruña, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou unha ambulancia de modo preventivo e tamén colaboraron os axentes da Policía Nacional e Local.