Arde un coche nun taller mecánico de Pino do Val, en Mazaricos

1 minutes read
  • O lume afectou ao motor e ninguén resultou ferido

Esta mañá o mecánico dun taller de coches en Pino do Val, Mazaricos, levou un gran susto tras comprobar como do coche no que se introducira para reparalo saía fume. Esta persoa baixou do vehículo por precaución sendo esta a mellor idea, xa que o turismo comezou a arder ao momento.

O 112 Galicia deu a alerta aos Bombeiros de Santa Comba sobre as 08:00 horas, aínda que cando estes chegaron ao lugar membros de Protección Civil de Mazaricos xa se atopaban realizando labores de extinción. Segundo sinala o equipo de bombeiros, o lume afectou ao motor.

No operativo tamén participaron o GES Muros e a Garda Civil de Outes.