38
- No interior había material inutilizable e non houbo que lamentar danos persoais
Un vixiante dunha fábrica situada no polígono de Sabón, en Arteixo, alertou ao 112 Galicia sobre un lume nunha zona de cartóns, polo que de inmediato se puxo en marcha un operativo no que foi necesaria a intervención, entre outros, dos Bombeiros da localidade, quen confirmaron que o incendio se iniciara nunha especie de galpón de chapa situado xunto a nave.
O incidente produciuse pasadas as 23:00 horas deste pasado venres. No interior había almacenado material inutilizable e non houbo que lamentar danos persoais.