Arde un galpón por completo en Coristanco

1 minutes read

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais, pero o inmoble ardeu enteiro, ao igual que un vehículo e un depósito de gasóleo que había no seu interior.

Os feitos comezaban minutos antes da unha da madrugada deste martes, unha persoa chamou ao 112 Galicia alertando de que o seu galpón estaba ardendo, co perigo de estar xusto pegado á súa casa, pertencente á parroquia de Cereo. Desde a Sala de Operacións do 112 pasouse o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Bergantiños, Garda Civil da Coruña, GES de Ponteceso e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Xa unha vez alí, os bombeiros realizaron varias tarefas de extinción para acabar co lume.

Despois de varias horas, os efectivos do parque comarcal confirmaron que o incendio xa fora sufocado, aínda que non puideron evitar que o galpón e o seu interior fosen calcinados.