Arde un garaxe en Castelos, Muxía

Coche queimado_Protección Civil de Muxía.

Pasados uns minutos da unha e media da tarde deste domingo o 112 Emerxencias Galicia alertaba dun incendio na planta baixa dunha vivenda situada no lugar de Castelos en Muxía. Ao lugar desprazáronse de urxencia Protección Civil de Muxía, os Bombeiros de Cee e a Garda Civil. Segundo os primeiros indicios o lume orixinouse nun vehículo que se atopaba no interior do garaxe. A extinción foi laboriosa pola gran cantidade de carga térmica que había no seu interior. Afortunadamente non houbo danos persoais, pero si cuantiosos danos materiais.