Arde un taller en Cereixo, Vimianzo

Estado no que quedou o taller_Bombeiros de Cee.

O 112 Emerxencias Galicia activou unha alerta por un incendio en Vimianzo na tarde deste luns. O lume en concreto afectou a un taller, e tamén a parte superior destinada a vivenda, ubicado no lugar de Cereixo. Unha vez notificado o suceso, ao lugar foron mobilizados os Bombeiros de Cee, quenes ventilaron e aseguraron o escenario donde se produciu o lume. Tamén se pasou aviso a Protección Civil e a Garda Civil. Por sorte non houbo que lamentar danos persoais neste percance, aínda que si cuantiosos danos materiais.