Arde un taller mecánico no polígono da Laracha

Estado no que quedou o taller_Bombeiros de Carballo_Cedida.

Preto das seis da tarde deste xoves tivo lugar un incendio nun taller mecánico ubicado no polígono de Lendo, na Laracha. Segundo os empregados do propio taller, o lume comezou nun vehículo que estaba subido nun elevador, queimando por completo tanto o coche como a propia máquina. Afectou tamén ao vehículo máis próximo, resultando bastante afectado e a un banco de traballo. A temperatura do incendio derretiu parte das pranchas tragaluces da cuberta, caendo o plástico derretido sobre 3 turismos máis. No interior da nave había uns 12 coches, todos eles con finalidade de desguace. Ao lugar acudiron alertados polo 112 Emerxencias Galicia os bombeiros de Carballo, pero a súa chegada o lume estaba prácticamente apagado polo persoal do taller, aínda así refrixeraron a zona e fixeron as comprobacións oportunas mediante unha cámara térmica. Investigase a orixe do incendio, que afortunadamente non provocou danos persoais.