Arde un turismo de alta gama en Carballo

1 minutes read

As autoridades investigan un incendio nun turismo BMW de alta gama que o deixou totalmente inservible. Os feitos ocorreron na madrugada deste venres á altura do número 41 da carballesa rúa Berdillo. Tal e como comunica o CIAE 112 Emerxencias Galicia o aviso produciuse á 01:05. Alí foron mobilizados de urxencia os Bombeiros de Carballo, que unha vez no punto comprobaron que o vehículo estaba incendiado pero o lume non afectaba a outros bens nin había danos persoais xa que estaba estacionado na beiravía, polo que procederon a realizar a extinción do incendio, que deixou o vehículo totalmente inservible. Descoñécese a orixe do incendio, feitos que están a investigar as forzas e corpos de seguridade.