Arde un turismo en Estorde, Cee

Estado no que quedou o turismo_Bombeiros de Cee.

Un turismo da marca Renault ardeu na madrugada deste luns no lugar de Estorde, no Concello de Cee. O vehículo quedou parcialmente inservible polo lume, sobre todo na parte dianteira, aínda que unha rápida actuación dos bombeiros de Cee evitou que as lapas o calcinasen por completo.