40
Os feitos sucederon á unha da noite, a esa hora o CAE 112 informaba dun incendio en vehículo en Baio sen feridos, no punto estiveron os Bombeiros de Santa Comba, unha cuadrilla de incendios forestais e unha motobomba forestal. O vehículo resultou completamente calcinado e o lume afectou a unha pequena parte de monte. O operativo durou dúas horas, pero non houbo que lamentar danos persoais.