Arde un turismo en Fornelos, Baio

Os feitos sucederon á unha da noite, a esa hora o CAE 112 informaba dun incendio en vehículo en Baio sen feridos, no punto estiveron os Bombeiros de Santa Comba, unha cuadrilla de incendios forestais e unha motobomba forestal. O vehículo resultou completamente calcinado e o lume afectou a unha pequena parte de monte. O operativo durou dúas horas, pero non houbo que lamentar danos persoais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha