O accidente produciuse ao redor das 01:45 horas da madrugada deste luns na AC-440, ao seu paso polo núcleo de San Martiño de Ozón. Un BMW sufriu unha saída de vía e incendiouse, un dos tres ocupantes resultou ferido pero puido saír do habitáculo, mentres que os outros dous acompañantes fuxiron do lugar. Ao punto desprazáronse de urxencia os Bombeiros de Cee, pero xa nada puideron facer por salvar o turismo. O ferido foi evacuado en ambulancia ao hospital de Cee. As forzas da orde abriron unha investigación para determinar en que circunstancias se produciu en sinistro.