Arde un turismo en Vilarnovo, Malpica

1 minutes read

Tal e como informaron os Bombeiros de Carballo, un turismo quedou completamente calcinado na tarde deste mércores no lugar de Vilarnovo, no Concello de Malpica de Bergantiños. Segundo relatou o condutor, ía circulando e por causas descoñecidas o coche comezou a arder, podendo sair del sen problema ao exterior, polo que ningunha persoa resultou ferida. Ao lugar acudiron os Bombeiros do parque de Carballo, aínda que cando chegaron ao punto xa se atopaban traballando na extinción os membros do GES de Ponteceso polo que ambas dotacións colaboraron na extinción e refrixeración do vehículo, que quedou totalmente queimado.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?