Arde un turismo na AC-550 en Cee

Bombeiros de Cee_Cedida.

O incidente produciuse de súpeto cando o turismo, un Mercedes C-220, circulaba con normalidade pola estrada AC-550 á altura da Pontella, en Brens. Un particular deu a voz de alarma ao 112 Emerxencias Galicia que mobilizou á Garda Civil de Tráfico de Corcubión, Policía Local e Bombeiros de Cee, ademais de ao persoal de mantemento de estradas. Formouse un atasco na vía, pero por sorte, non houbo que lamentar danos persoais.