45
Minutos antes das 11 da mañá deste sábado un turismo Renault Scénic quedou totalmente calcinado tras incendarse á altura do quilómetro 18 da autoestrada AG-55, Coruña-Carballo, á altura de Paiosaco. A condutora do mesmo tivo tempo de parar na beiravía e baixarse do coche, polo que afortunadamente resultou ilesa. Dada a voz de alarma, o 112 Emerxencias Galicia mobilizou ao momento ao persoal da autovía e os Bombeiros de Arteixo, pero á súa chegada pouco máis pudiero facer que refrescar a zona, o vehiculo xa estaba totalmente calcinado. Ao lugar acudiu tamén unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.