Arde un turismo na Lagoa, en Vimianzo

O 112 Emerxencias Galicia foi alertado na mañá deste domingo dun incendio nun turismo en Vimianzo. En concreto o suceso produciuse preto da gasolineira abandonada ubicada no lugar da Lagoa, ao carón da AC-552. Ao punto foron mobilizados os Bombeiros de Cee, que extinguiron e limparon os restos do incendio, pero nada puideron facer por salvar o turismo que a súa chegada xa estaba prácticamente calcinado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha