0
Foi un particular o que alertou da incidencia a emerxencias pasados uns minutos das nove e media da mañá deste venres. Un turismo estaba ardendo na beiravía do quilómetro 21 da AG-55 sentido A Coruña. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do parque comarcal de Carballo, axentes da Garda Civil e persoal de mantemento da autoestrada. Foron empregados catro mil litros de auga e vinte de escumóxeno para controlar o lume e a perda de gasolina do turismo. A intervención durou máis dunha hora e por sorte o condutor e único ocupante do coche resultou ileso.