Arde un turismo preto da Revolta en Carballo

0 minutes read

O 112 alertou aos servizos de emerxencia á última hora deste sábado tras a chamada dun particular que informaba dun vehículo ardendo nunha zona de monte preto do lugar da Revolta en Carballo. Ao punto desprazouse Protección Civil e a Garda Civil. Descartada a posibilidade de que as lapas se propagasen a outros vehículos, vivendas ou ao propio monte, investíganse as circunstancias nas que ardeu o coche, a súa procedencia e se puido ser utilizado nalgunha actividade delituosa.