Arde un turismo xunto á peaxe da AG-55, en Larín

A Garda Civil de Tráfico acudiu na tarde deste luns para levantar un atestado tras o incendio dun turismo na intersección da saída da AG-55, en Larín-Arteixo, e a AC-552. Ao lugar foi mobilizada unha dotación de bombeiros, pero á súa chegada xa nada puideron facer por salvar ao vehículo das chamas. As forzas actuantes tratan de esclarecer o ocorrido e cales foron as causas de que este coche ardese por completo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha