Arde un vehículo en Vilaño

Foto.- Bombeiros Carballo.

Pasados uns minutos das oito da tarde deste sábado o Parque de Bombeiros de Carballo recibiu unha chamada de alerta do CAE 112 informando dun lume nun coche na estrada que comunica o lugar da Fraga coa parroquia de Vilaño, no Concello da Laracha. Unha vez no punto, tras comprobar que non había persoas afectadas, os Bombeiros procederon á montaxe dunha liña de espuma de baixa expansión debido a un derrame de combustible do vehículo afectado, e a extinción do lume. Dado que ninguén reclamou os danos, as forzas de seguridade investigan se o coche puidese ser subtraído.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha