45
Un turismo da marca Mercedes quedou completamente calcinado este mércores como consecuencia dun incendio no seu motor. O suceso ocorreu sobre as seis da tarde na autoestrada AG-55, á altura do punto quilométrico 17, en Paiosaco, (dirección Carballo). A noticia circulou como a pólvora polas redes sociais e nos grupos de Whatsapp desde o momento do suceso. Todo apunta a que unha avaría foi a causa do lume. Os dous ocupantes do coche resultaron ilesos. Unha vez dada a voz de alarma ao lugar acudiron os bombeiros de Arteixo e unha ambulancia do 061, pero o turismo quedou totalmente inservible.