Arde un vehículo na rúa e outros dous resultan danados por un incendio en Carballo


Un vehículo estacionado na rúa Bos Aires de Carballo quedou completamente calcinado nun incendio ocorrido ás 4:30 horas da madrugada deste xoves. Tras a alerta pasada polo 112, os bombeiros de Carballo comprobaron que un turismo Peugeot 508 estaba completamente incendiado e que o lume comezaba a afectar a dous coches máis, un Citroen Nemo que estaba estacionado diante, resultando afectada parte da porta traseira e a defensa, e un FIAT 500, estacionado detrás do Peugeot, que quedou coa defensa dianteira e os faros queimados. Os bombeiros impediron o avance das chamas e extinguiron o lume, pero xa non puideron facer nada por salvar o Peugeot 508.