Arde un vehículo nun garaxe en Alón de Arriba, Santa Comba

1 minutes read

O 112 Emerxencias Galicia pasaba unha alerta a primeira hora da noite deste luns informando dun vehículo ardendo dentro dunha nave usada como garaxe anexo a unha vivenda no lugar de Alón de Arriba no Concello de Santa Comba. O Cabo de garda ordenou a saída da dotación contra-lumes composta polo B.U.L máis o ABA con dous bombeiros e o propio Cabo.

Unha vez no lugar, os dous bombeiros comezan coas tarefas de extinción do lume, entran coa liña de auga, equipos de respiración autónoma e a cámara térmica no interior da nave onde hai moito fume e o plano neutro está moi baixo, nun primeiro tramo non ven o foco do incendio, avanzando un pouco máis ven as lapas xa dun coche totalmente incendiado e cunha carga térmica importante así como os obxectos do aredor do mesmo, e unha pila de neumáticos que están ao carón do vehículo incendiado.

Proceden a extinguir o turismo, neumaticos e demáis obxectos, concluíndo a extinción do mesmo en 25 minutos, dando por finalizado o incendio. Revisaron coa cámara térmica e procederon a ventilar o interior da nave, onde xa poden apreciar que só se viu afectado totalmente un coche, o outro que estaba xusto pegado conseguiron aislalo e non sufriu ningún desperfecto, así como os demáis remolques e cubas de traballo que había no lugar.
Unha vez efectuada a ventilación dan por rematado o servizo, despois de comprobar que a situación quedou totalmente controlada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?