Os servizos de emerxencia traballaron arreo na extinción dun incendio que afectou a unha casa deshabitada que linda cunha vivenda, da que os equipos de intervención tiveron que evacuar a un home de avanzada idade, que resultou ileso. Os feitos ocorreronn no lugar de Eirón, na parroquia de San Fins. Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do lume, ás 06:15 horas da mañá.
De xeito inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Santa Comba, do GES de Muros, da Garda Civil e de Protección Civil.
Os equipos de intervención controlaron o incendio e levaronn a cabo tarefas de arrefriamento nas zonas afectadas. Segundo a información recollida no 112 Galicia, ardeu un alpendre con leña acumulada. As causas que provocaron o lume aínda non se coñecen.